jueves, 14 de junio de 2012

Día 3: A Rabadeira polas nubes.

Despois de ir polo tortuoso camiño do "Desfiladero" (da morte, segundo o profe Gus, é un cagueta) chegamos ó noso primeiro destino: FUENTE DÉ para coller o Teleférico que nos subiu a 1800 metros de altitude.






A 1800 metros de altitude as temperaturas eran máis frescas e o vento case que levou a gorra dun dos nenos, menos mal que unha das monitoras, arriscando a súa vida, foi quen de collela. Subimos por unha das rutas dos famosos Picos de Europa para poder ver os "neveros" e os rebecos (cabras cantábricas) pastando polas montañas.





 Despois desta fantástica aventura dirixímonos cara Potes, onde observamos o típico pobo cántabro de casas de pedra e madeira e rúas empedradas polas que paseamos, gastamos cartos e disfrutamos da visita á Torre do Infantado. Dende alí arriba, ademais de ver a exposición dos Osos e do famoso Beato de Liébana observamos o pobo dende arriba.




Por último visitamos o Centro de Interpretación dos Picos de Europa e tras unha rica merenda voltamos cara o albergue para cear e disfrutar coa ¿victoria? de España. (Partido en curso durante a redacción da noticia) Mención especial para o noso compañeiro César Alonso que hoxe estivo de aniversario. PARABENS!!!!!!!!!! e a seguir coa aventura.




7 comentarios:

  1. Guillermo Garcia Peña! bueno primito que ayer me enteré de que estabas por cabarceno un poco lejitos de Malaga... que haber cuando vienes a hacernos una visitiya pasalo muy bien y ya nos llamaras cuando vuelvas! un besito
    tu prima sara:)

    ResponderEliminar
  2. Unhas fotos moi boas, pero o que máis me gusta e que nótase que o estades pasando moi ben.

    Felicidades para César.

    ResponderEliminar
  3. Impresiona el teleférico...creo que acertasteis de pleno con el destino.
    Pasarlo bien!!!!

    ResponderEliminar
  4. disfrutad a tope lo que os queda, mil besos para Sandra de su hermana Paula y sus padres

    ResponderEliminar
  5. Que fotos máis bonitas!Disfrutade moito e mil bicos pra Antón.

    ResponderEliminar
  6. Para, Samuel Ramil.... becitos pasalo bien disfruta estos momentos son unicos e irrepetibles.. al equipo docente mis mejores deseos y agradecimiento por su gran labor y buen estar.Gracias.

    ResponderEliminar
  7. Fue un dia muy especial no sólo por lo bien que lo pasamos si no que tambien por el cumple de nuestro amigo césar! FELICIDADES CÉSAR!!!! (Otra vez) jajaja!!
    9

    ResponderEliminar