Despois dunha noite de xogos e incluso da investigación dun asesinato...no día de hoxe dirixímonos cara Santander e o Forestal Park.
O tempo neste día non nos acompañou xa que saímos do "Desfiladero da Hermida" con nubes e chegamos a Santander e ao Forestal Park chovendo, pero isto non empañou a diversión que tivemos, pouco podemos contar xa que unha imaxe vale máis ca mil palabras:
Unha mostra filmada desta diversión:
Despois de estar pasándoo en grande, e mollados coma pitos (coma podedes ver nas imaxes). Demos unha volta por Santander para ver o máis significativo da cidade e comemos nun centro comercial. De volta no albergue dedicámonos a facer as maletas e a participar nuns cantos xogos super-divertidos (mañá reportaxe fotográfica).
Agárdanos unha noite de disco para despedirnos do albergue.
Deica mañá!
P.D. Unha Noraboa para o profe Gus que foi un valente ao tirarse da tirolina máis grande! Mención especial para a profe Míriam sen a que non poderiamos ter esta magnífica reportaxe fotográfica!