viernes, 15 de junio de 2012

Día 4: "En este autobús no se duerme, se duerme por la noche en el albergue!!"



E, tras a visita ao ceo de Cantabria o día anterior, agora tocounos coñecer a fondo (nunca mellor dito) as suas profundidades coa visita ás covas de Altamira e do Soplao. Cabe dicir que o cansancio está a facer mella nos nosos compañeiros pero...resistiremos e seguiremos a disfrutar de cada momento xuntos.




A reportaxe fotográfica é menor debido a que nestos sitios tivemos vetada a cámara de fotos. Nas Covas de Altamira descubrimos que hai unha figura datada de fai máis de 40.000 anos.




Despois de ter vista a Neocueva, o museo e de facer un magnífico obradoiro de caza (no cal nos dimos conta de que moitos morreríamos de fame...). Fomos a comer a Santillana del Mar (O pobo das tres mentiras: non é santa, non é llana e non ten mar) e demos un agradable paseo vendo o casco histórico-medieval, os escudos e a Colexiata de Santa Xuliana.



Para rematar o día fomos as Cuevas do Soplao onde quedamos coa boca aberta coas estalactitas e estalagmitas vendo as caprichosas formas que formaron. Imprescindible dicir que a cova era unha antiga mina pero na que os traballadores respetaron perfectamente a mesma.

Mañá quédanos un día emocionante...seguirá a crónica...

Mención especial ao Partido de onte no que a Selección tivo un oco na nosa axenda para o partido e para celebrar a victoria.





7 comentarios:

  1. Coma sempre un lote de bonitas fotos.

    Quédome ca dos propulsores, e as das caras pintadas dos rapaces.

    Hoxe parece que foi un día moi cultural, para rematar cunha dosis de deporte, unha mistura perfecta.

    Saúdos.

    ResponderEliminar
  2. Que sorte tendes de estar aí. É unha excursión que non olvidaredes nunca. Coidado cos osos!
    Un saúdo para todos desde Nicaragua, e un bico en especial para Antón Novás.
    Peque

    ResponderEliminar
  3. Como mola el viaje y el blog ¡Aupa Selección Española y Aupa Rabadeira! De Paula, la hermana de Sandra

    ResponderEliminar
  4. cristina-nai de antón novás18 de junio de 2012, 9:32

    Onte non durmin ata as 12 e media da noite, Antón non paraba de contarme cousas, pasouno fenomenal, grazas aos profes e aos monitores do albergue!!

    ResponderEliminar
  5. E menos mal q el otro día ganamos 4-0. Sguro que es porque tenemos a Casillas de portero por que si no...
    Esto fue enviado por ...
    descubrirlo los de 6º

    ResponderEliminar